Publicador de contidos

O Pontevedra remonta no treito final o derbi co Coruxo (2-1)

O Pontevedra remonta no treito final o derbi co Coruxo (2-1)

Silva adiantou ao Coruxo na primeira metade. O Pontevedra dominou no segundo tempo e remontou cos goles de Charles e Javi Rey, o último xa no engadido

G24.gal 31/10/2021 19:00

Un partido moi serio dispuxo o adestrador do Coruxo que soubo neutralizar a un Pontevedra que viña de sumar tres vitorias consecutivas. O gol de Silva no minuto 34 aproveitando un erro na saída do coiro foi o premio ao traballo colectivo do conxunto vigués.

Na segunda metade mudou a faciana do partido. O Pontevedra comezou a acumular oportunidades. Romay e Charles puideron empatar, ademáis dalgunha xogada polémica na área do Coruxo. A un cuarto de hora para o final Charles, que marcaba o sétimo gol da temporada, cabeceaba un centro de Brais Abelenda. 

O equipo pontevedrés insistiu e no tempo engadido un córner rematouno á rede Javi Rey, que levaba pouco tempo sobre o terreo de xogo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade