Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Pontevedra perde co San Fernando (4-2) e agrava a súa situación

O Pontevedra perde co San Fernando (4-2) e agrava a súa situación

G24.gal 23/04/2023 19:14

O San Fernando pegoulle outro tiro ás esperanzas de salvación do Pontevedra. Aínda que, á vista do partido, o xusto sería aclarar que foron catro.

O primeiro aos 22 minutos nunha internada de Lanchi que remachou -só- IlyasRomán era o que viña na súa marca. Contemplativo. Moitas facilidades atrás dá este Pontevedra. Á volta do descanso os galegos trataron de ir arriba e nas transicións os locais encontraron unha vía fácil de chegada, en especial, polo lado de Seoane. Así lograron o segundo tanto, gol de Gabri Martínez.

O Pontevedra daquela buscou a reacción nos cambios e aí gañou un chisco de chegada que mesmo lle alcanzou para volver meterse na pelexa. Minuto 64. Gol de Vitor Casais. Bonito centro de Álex González. Casais levaba cinco minutos no campo.

Pero o San Fernando aguantou o tirón e soubo resolver no treito final. Aquino facía o terceiro -anticipándose a Seoane- no 86 e no 88 o San Fernando volveu aproveitar as facilidades granates pra abrir brecha. Polo lado de Seoane chegou tamén o cuarto. Nunha internada que acabou por resolver Luís Ruíz. 4-1. Nove goles encaixados polo Pontevedra de Juan Señor nas dúas últimas tiradas.

No tempo de compensación o colexiado indicou penalti a prol dos galegos e Brais Abelenda pechou o encontro así para o Pontevedra. 4-2 final. Quedan cinco xornadas e os do Lérez están a seis puntos da salvación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade