Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Pontevedra mantén o ritmo infernal de goles e vitorias (3-0)

O Pontevedra mantén o ritmo infernal de goles e vitorias (3-0)

Gañoulle ao Oviedo Vetusta con goles de Samu Mayo, Jaichenko e Carlos López

G24.gal 22/10/2023 19:26

O Pontevedra ponse a só dous puntos do Zamora e segue a demostrar as feituras de equipo confeccionado para o ascenso á Primeira Federación. No partido menos brillante do último mes conseguiu gañarlle por 3-0 ao Oviedo Vetusta. 

Samu Mayo marcou o primeiro tanto aos 26 minutos cun gran lanzamento desde a frontal da área. Mereceu ir ao descanso o equipo de Yago Iglesias con algún gol máis ao seu favor, sobre todo nun remate que marrou Chiqui. 

Na segunda parte o Oviedo mellorou e mesmo ameazou a porta de Edu Sousa. Pasou por certos problemas un Pontevedra que se encamiñou cara a un final de partido incerto. No 87 o xogador da canteira Jaichenko marcou o segundo e, a seguir, Carlos López conseguiu anotar o terceiro. Segue a remonta pontevedresa con catro vitorias seguidas e unha media de tres goles a prol por partido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade