O Pontevedra malla no Zamora (4-1) e asómase á zona de privilexio
Os de Rubén Domínguez volveron gañar catro xornadas despois
Están momentáneamente empatados cos postos de promoción
O Pontevedra completou do mellor xeito unha semana intensa cunha goleada ante o Zamora que o impulsa ata os primeiros postos da clasificación logo de tres xornadas consecutivas sumando.
Corenta e tres minutos tardaron os de Rubén Domínguez en abrir a súa conta. Foi nunha xogada rápida que naceu nun saque de banda e na que Thiago conectou con Yelko Pino, autor do un a cero.
O encontro rompeuse un minuto máis tarde coa expulsión de Luengo por unha falta a Selma cando encaraba a portería. Sen embargo, cun home menos, os zamoranos conseguiron a igualada no engadido do primeiro tempo nunha xogada de estratexia executada por Ramos, colocoa Athuman e remata Joshua Farrell.
E a volta do descanso, os locais volveron tomar vantaxe nun centro de Garay cabeceado por Selma o fondo da portería.
Esta vez os granates ían aproveitar a súa superioridade numérica para pechar o partido con dous novos goles. O terceiro chegou nun córner lanzado por Yelko Pino que Alain Ribeiro aproveita para facer o seu cuarto tanto na Liga. A sentenza definitiva concretouse a cinco minutos do final nunha contra levada por Alex González que asistiu a Brais Abalenda para que fixese o súa terceira diana no campionato.
Segunda vitoria do Pontevedra en Pasarón onde sumou oito dos quince puntos disputados.