Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Pontevedra gáñalle o derbi ao Coruxo (3-1)

O Pontevedra gáñalle o derbi ao Coruxo (3-1)

Os visitantes adiantáronse no comezo do encontro, pero o Pontevedra remontou na primeira parte cun penalti, un polémico gol e unha testada nun córner

O Pontevedra xa acumula dez partidos sen coñecer a derrota, incluídas sete vitorias

G24.gal 18/02/2024 19:00

O Pontevedra manten a boa dinámica e segue na busca do ascenso direto á 1.ª RFEF. Esta vez foi no derbi fronte ao Coruxo, que segue sen atopar solucións a unha fase de seis partidos sen coñecer a vitoria.

Os visitantes adiantáronse cun gol de Davo no minuto 4 de encontro, pero o Pontevedra remontou cun dobrete de Charly, o primeiro no minuto 20 e o segundo, un polémico gol que foi moi protestado polo Coruxo, no minuto 29.

No minuto 33, o Pontevedra aumentou a vantaxe cunha testada de Borja Domínguez nun córner, e o partido marchou ao descanso co 3-1.

A segunda metade foi moito máis tranquila, apenas se viron unhas chegadas con perigo, a máis clara foi do Coruxo, cun remate ao traveseiro.

Co resultado, o Pontevedra mantense no liderado, e o Coruxo queda noveno, a cinco puntos do play off.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos