O Pontevedra e o Vilalbés comezan a xornada en Segunda RFEF con senllos empates
O Pontevedra empatou (1-1) no campo do Valladolid Promesas
O Racing Vilabés estreouse na Magdalena cunha igualada (1-1) contra o Avilés
O Pontevedra adiantouse aos 30 minutos cun fermoso gol de Dalisson, que facía xustiza ao bo partido dos granates na primeira parte. Porén, o equipo de Yago Iglesias concedeu demasiados ocos ás costas da defensa e nunha acción rápida do Valladolid Promesas logrou o empate Dani Fernández. Era o minuto 25 do segundo tempo.
O Racing Vilalbés estreábase como local na Segunda RFEF. A Magdalena viviu un partido histórico, como histórico foi o gol de penalti de Pablo Rey aos 38 minutos. Tirou proveito dun penalti sobre Álex Pérez. Antes, nunha acción a balón parado, marcara Alorda o 0-1. O Vilalbés suma catro puntos de seis posibles nunha excelente toma de contacto coa nova categoría