O Fabril golea en Laredo (1-5) e métese en posto de promoción de ascenso
Os de Manuel Pablo xogarán as eliminatorias se empatan na última xornada contra a Ximnástica, xa descendida
O Fabril aproveitou os resultados desta penúltima xornada unificada e, cunha goleada que se cementou nuns poucos minutos da segunda metade en Laredo, mellorou o goal average particular co Raio Cantabria, que acabou caendo en Coruxo. Aproveitando tamén a derrota do Langreo en Salamanca, o filial afronta a última xornada no quinto posto, que lle daría acceso ás eliminatorias polo ascenso, con dous puntos de marxe sobre o conxunto asturiano e a diferenza de goles gañada, e con tres sobre os cántabros. Así que, se o Fabril suma un punto nesa última xornada, asegurará ese posto de play off polo ascenso.
A goleada en Laredo chegou con catro goles en trece minutos. Os de Manuel Pablo cheiraron o sangue, e sentenciaron o triunfo con dous tantos de Mané, un de Nsongo Bil e outro de Alfaro. Todo entre o minuto 57 e o 70. Arruabarrena acurtou diferenzas, pero Kevin, cun golazo, pechaba a manciña que deixa a tiro do Fabril o ambicioso obxectivo do ascenso.