O Pontevedra deixa fuxir o empate co Mérida (1-1) logo de errar dous lanzamentos de penalti
Selma foi o encargado de lanzar, pero primeiro topou con Adrián e, despois, co traveseiro
Cento dez minutos necesitaron o Pontevedra e o Mérida para sumar un punto no medio da chuvia e a tolemia.
Empezaron mellor os de Fran Beltrán, que levaban 10 puntos dos últimos 12 en xogo, cun remate cheo de intención de Carlos Doncel. Respondeu Álex Comparada cun lanzamento duro e centrado que rexeita Adrián.
Non foi á primeira, pero si á segunda: Yelko Pino saca un córner desde a dereita e entra sen oposición Compa para marca-lo primeiro tanto que apañaban os romanos en catro encontros. 1-0.
Pero nunha falta que saca o ex do Pontevedra Chiqui aparece entre catro contrarios, pero sen marca definida, Javi Dominguez. Minuto 68, empate a un.
E contra o final, xogada de Álex González pola esquerda e penalti de Vergés e expulsión por vermello directo. Revisión do VAR e confirmación do penalti, lanza Dani Selma e detén coa perna o seu lanzamento Adrián, pero o árbitro revisa a xogada e decreta un novo lanzamento desde os once metros, lanza novamente Selma e desta volta o que rexeita o seu tiro é o traveseiro.
Logo de 16 minutos de engadido, pontevedreses e emeritenses seguen empatados na clasificación, desta volta a 17 puntos.