Cargando resultados...
O Pontevedra chora a morte de Neme, o mellor xogador na historia da entidade granate
Neme, o goleador do Pontevedra na etapa do 'Hai que roelo', faleceu en Salamanca aos 82 anos
G24.gal
21/10/2022 13:10
Última actualización 21/10/2022 13:37
Os xogadores do Pontevedra lembrarán en León a Neme, probablemente, o mellor xogador na historia da entidade granate.
Neme, o goleador do Pontevedra na etapa do 'Hai que roelo', faleceu en Salamanca aos oitenta e dous anos. Nemesio Martín Montejo, o único futbolista que xogando co Pontevedra alcanzou a internacionalidade. Xogou un España-Inglaterra no Santiago Bernabeu. Estivo oito temporadas en Pasarón, e marcou 75 goles.
Unha lenda da afección granate, do que se segue falando co paso dos anos, o recordo dun extraordinario futbolista a carón de Martín Esperanza, Calleja, Cholo, Ceresuela e Irulegui, o Pontevedra máxico dos anos sesenta.