Publicador de contidos

O Pontevedra avisa do seu potencial con media ducia de goles

O Pontevedra avisa do seu potencial con media ducia de goles

Rufo fixo unha tripla no triunfo contundente sobre o Langreo (6-0)

G24.gal 17/09/2023 19:00

Non comezara ben a temporada para o Pontevedra pero na categoría todos sabían que era un xigante que, tarde ou cedo, ía espertar. Fíxoo contra o Langreo, cun cambio na disposición táctica e dominando desde o principio. Xerou moitas ocasións e froito do dominio foron caendo os goles. 

No primeiro tempo adiantouse cun golazo de Benjamín Garay. Xusto antes do descanso Rufo anotaba o segundo e daba a impresión de sentenciar o encontro. 

Na segunda parte non fixeron máis que caer os goles. Rufo anotou o terceiro e o cuarto. Yelko marcou o quinto e Javi Hermelo o sexto á saída dun córner. E aínda mereceu marcar algún máis o Pontevedra máis brillante que se viu durante esta temporada. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos

Publicador de contidos