Cargando resultados...
O Pontevedra ansía facer algo grande na Copa
O equipo de Antonio Fernández xogou co equipo titular en Manresa co obxectivo de levar a segunda eliminatoria a Pasarón
O rival será un dos dezaseis equipos que pasaron da Segunda División
G24.gal
14/11/2022 21:39
O Pontevedra é o terceiro equipo galego que queda vivo na Copa tras vencer ao Manresa. O equipo de Antonio Fernández tamén tivo que remontar logo de encaixar un autogol aos oito segundos do partido, o tanto en propia porta máis rápido na historia do fútbol español. Por sorte, os pontevedreses marcarían tres para lograr o pase á seguinte rolda.
O mércores ás 17:00 horas coñecerán o seu rival para a segunda eliminatoria, e será un equipo da Segunda División. Os granates lograron por primeira vez na temporada unha vitoria lonxe de Pasarón.