O Pontevedra agarda vivir unha noite de Copa "máxica para poder facer historia"
Antonio Fernández non quere perder a perspectiva e sabe que hai outra gran final o sábado diante do Badaxoz
O mércores será a quenda na Copa do Rei do Pontevedra, o único representante galego xunto o Celta que quedan nesta competición. O Pontevedra que vén de eliminar o Tenerife recibe un Primeira División, o Mallorca.
Hai tempo que en Pasarón non se pode ver un rival da máxima categoría. As cifras de venda de entradas están derrador do milleiro, aos que hai que engadir os socios e que os menores de 16 anos poderán entrar de balde. A directiva do Pontevedra agarda superar os cinco mil afeccionados para o partido que comezará ás sete da tarde.
Antonio Fernández afronta con ilusión o partido pero conscientes de que a súa verdadeira final será a fin de semana diante do Badaxoz, un rival directo pola permanencia na Primeira RFEF.