Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Polvorín remonta nos últimos cinco minutos ante o Compostela

O Polvorín remonta nos últimos cinco minutos ante o Compostela

Primeira vitoria do filial do Lugo (2-1), que perdía por 0-1 no minuto 87

G24.gal 16/10/2022 14:25

O Polvorín logrou a primeira vitoria da temporada cunha incrible remonta diante do Compostela. Perdía no 87 por 0-1 e acabou gañando por 2-1. 

O Compostela impuxo o seu perfil de partido durante 75 minutos. O Polvorín tentou levar o peso do partido pero foi incapaz de superar o entramado defensivo compostelán, que tamén tivo algún achegamento sobre a portería de Brais. 

No 73 marcou Darío Germil á saída dun córner e o cadro santiagués acariñou o triunfo case ata o final. No 87, Rojo rematou un centro de Jorge González no primeiro remate entre os tres paus de todo o partido. Nun engadido de tolos puido marcar o segundo o Compostela nunha ocasión moi clara de Jordan, pero quen o fixo foi o Polvorín grazas ao gol de Dani Vidal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar