Publicador de contidos

Publicador de contidos

O pleno do Congreso vota as emendas á totalidade das contas públicas esta semana

O pleno do Congreso vota as emendas á totalidade das contas públicas esta semana

G24.gal 31/10/2021 22:08

Esta semana o Congreso debaterá as emendas á totalidade dos orzamentos xerais do Estado para 2022.  PP, Vox, Ciudadanos, Junts, CUP, Coalición Canaria e Foro Asturias rexeitan o proxecto de lei do Goberno.

Nunha entrevista esta fin de semana, Pablo Casado adiantaba que na tramitación das contas vai propoñer unha baixada de impostos de dez mil millóns de euros sen tocar as partidas de Sanidade, Educación e Políticas Sociais.

"Nós pensamos que se poden baixar os impostos máis de dez mil millóns de euros e xustificámolo quitando ese gasto improdutivo, ese malgasto do señor Sánchez."

O voceiro de Ciudadanos no Congreso, Edmundo Bal, di que os orzamentos responden unicamente á "débeda que Pedro Sánchez ten cos partidos independentistas".

"Estes presupostos caracterízanse polo que non conteñen, non conteñen plans de país."

Fronte ás críticas da dereita, o secretario de organización do PSOE, Santos Cerdán, dixo que o seu partido seguirá traballando na defensa da xustiza social para mellorar a vida da xente.

"Os socialistas temos unha gran responsabilidade é e o que estamos facendo, levar a cabo unha recuperación xusta, e ninguén nos vai deter aínda que suban os decibeles e aumenten os rumores falsos."

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade