Coruxo-Peña Deportiva e Ourense CF-Llerenense, nas fases de ascenso
O Coruxo xogará o domingo ás 19:30 a semifinal camiño do ascenso a 1RFEF
O Ourense CF terá a cita o sábado ás 22:00 horas na final á procura de xogar na 2RFEF

O Coruxo xogará dous partidos para ascender a primeira federación. O primeiro será co Peña Deportiva de Eivissa. O rival dos homes de Jacobo Montes ocupou a terceira praza no seu grupo, o grupo en que foi campión o Numancia e en que xogaba o Formentera do exadestrador do Coruxo, Michel Alonso.
Se supera a Peña Deportiva aínda terá que xogar unha final. Os partidos desta fase de ascenso vanse celebrar na provincia de Alacante.
O rival do Ourense CF será o Llerenense, tras repetirse o sorteo. No caso do Ourense só un partido decide o ascenso. É unha final. Unha final co equipo de Badaxoz este domingo na Cidade Deportiva As Rozas en Madrid