O PP propón medidas urxentes para facilitar o acceso á vivenda e contra a ocupación
A receita dos populares pasa por máis solo para vivendas e incentivos fiscais a propietarios que poñan unha casa en alugueiro
Facilitar o acceso á vivenda, especialmente para os mozos, é a base dun plan que presenta o Partido Popular despois de reunirse co sector inmobiliario. Propoñen destinar máis solo para construír vivenda, ser máis flexibles e dar incentivos fiscais a todos os que poñan unha casa en alugueiro. Tamén contemplan medidas contra a ocupación.
"Medidas urxentes que propón o PP ante o fracaso da política de vivenda de Pedro Sánchez. É o responsable de que nos últimos seis anos se agudizase o problema de vivenda. As políticas que aprobou non serven porque os prezos continúan disparándose", defende Cuca Gamarra, secretaria xeral do PP.