O partido do Rácing é adiado despois da parada cardíaca do local Gudelj
O partido do Rácing é adiado despois da parada cardíaca do local Gudelj
O central do Córdoba tivo que ser reanimado no terreo de xogo e está no hospital fóra de perigo
A Federación determinará a data para reanudar o encontro que quedou aprazado no minuto 11
A traxedia sobrevoou o partido do Arcángel. No minuto 11 do encontro que enfrontaba a Córdoba e Rácing de Ferrol o central serbio Gudelj caeu desplomado no terreo de xogo. Sufriu unha parada cardíaca e tivo que ser reanimado no céspede. Abadonou o campo consciente e está fóra de perigo ingresado na UCI dun hospital cordobés.
Ese feito condicionou a disputa do partido que foi adiado cando xa se viran dous goles. Manzanara e Willy Ledesma puxeran o empate a un pero o de menos pasou a ser o aspecto futbolístico e os dous equipos aceptaron a suspensión.
Agora será a Federación a que determine unha nova data para xogar os oitenta minutos que quedan. Agardemos que poida ser con Gudelj defendendo as cores do equipo local.