O Parlamento galego aproba a creación da Comisión de estudo para a reforma do sistema de financiamento autonómico
O Parlamento galego aproba a creación da Comisión de estudo para a reforma do sistema de financiamento autonómico
O Parlamento galego aproba a creación da Comisión de estudo para a reforma do sistema de financiamento autonómico
Trátase de fixar unha posicion galega ante as futuras negociacións
A Xunta de Portavoces aprobou este martes a creación da comisión de estudo sobre financiamento autonómico no Parlamento que se constituirá despois do próximo luns, 22 de novembro, data límite para que os grupos presenten a súa listaxe de membros.
A intención é que este órgano parlamentario se poña a traballar "canto antes", explicou a viceportavoz parlamentaria do BNG, Olalla Rodil, que informou de que cada grupo terá unha representación proporcional ao seu número de escanos.
O prazo para presentar a listaxe de membros que corresponde a cada partido terminará o vindeiro luns ás 18:30 horas, tras o que poderá fixarse a data para a súa constitución así como iniciar a negociación do plan de traballo e a listaxe de comparecencias.
O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, coincidiu na necesidade de que a comisión empece a funcionar "canto antes", dado que o debate sobre o sistema de financiamento se vai abrir, "hai que estar preparados".
Será unha comisión non permanente de estudo "para abordar unha proposta de país ante a reforma do sistema de financiamento" que se debaterá a nivel estatal.