Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Parlamento británico aproba o 'freo de Stormont'

O Parlamento británico aproba o 'freo de Stormont'

Trátase dunha ferramenta que permitirá á Asemblea norirlandesa obxectar a futura lexislación comunitaria

G24.gal 22/03/2023 18:09 Última actualización 22/03/2023 18:23

 A Cámara dos Comúns aprobou este mércores por unha maioría de 515 fronte a 29 votos a lexislación que habilitará o freo de Stormont, a ferramenta que permitirá á Asemblea norirlandesa obxectar a futura lexislación comunitaria.

Ao comezo do debate nos Comúns, Sunak dixo que o marco de Windsor, que regula o status de Irlanda do Norte tras o Brexit, "representa un bo acordo para as persoas, as familias e as empresas" da zona.

A provincia británica permanece no mercado único comunitario para bens, para evitar erixir unha fronteira física na illa de Irlanda, o que vulneraría o acordo de paz de 1998.

O ministro para Irlanda do Norte, Chris Heaton-Harris, declarou pola súa banda que o novo marco "restaura a soberanía na práctica" e, mediante o "freo", "aborda o déficit democrático" do anterior protocolo, ao permitir que a Asemblea norirlandesa, situada na zona de Stormont en Belfast, poida obxectar a futura normativa europea que considere contraria aos seus intereses.

Tras votar na Cámara dos Comúns, o antigo líder 'tory', Boris Jonhson, regresou á comisión parlamentaria que esta tarde o interroga sobre se mentiu deliberadamente ao Parlamento ao negar que se violaron as normas da covid con festas en Downing Street durante a pandemia.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar