Publicador de contidos

Publicador de contidos

O papa retoma as audiencias e volve subir ao papamóbil tras a súa operación

O papa retoma as audiencias e volve subir ao papamóbil tras a súa operación

O Vaticano continúa cos preparativos da viaxe de León XIV do 6 ao 17 de novembro ao Uruguai, A Arxentina e O Perú, e nos próximos días tamén hai outras audiencias en axenda

Yara Nardi/Reuters Yara Nardi/Reuters
G24.gal 21/10/2026 10:37

O papa León XIV retomou este mércores as reunións e subiu ao papamóbil para percorrer a praza de San Pedro entre os fieis en ocasión da audiencia xeral, despois de ser operado o pasado 13 de outubro dun cancro polo que se lle tivo que extirpar un parte do pulmón.

O pontífice foi dado de alta o pasado sábado do Policlínico Gemelli e xa reapareceu este domingo no rezo do Ángelus no Vaticano, onde explicou que retomaría as súas actividades gradualmente.

"Grazas polo voso apoio, polas vosas oracións, grazas a deus pola súa xenerosidade. Renovemos todos a nosa confianza na bondade e a misericordia de Deus", dixo o papa, de 71 anos, ao iniciar a audiencia xeral.

A pesar da xornada chuviosa, o papa non dubidou en subir ao papamóbil e percorrer toda a praza saudando aos fieis antes da audiencia, mostrando un bo estado e bendicindo os nenos que se lle achegaban.

Ademais, antes da audiencia xeral tamén recibiu os asistentes a unha conferencia organizada polo Dicasterio para a Causa dos Santos.

Durante o rezo do Ángelus do pasado domingo, o papa asegurou: "Unha vez superada esta delicada etapa, como saben, retomarei gradualmente as miñas actividades, sempre coa axuda de Deus e as súas oracións".

Polo momento, o Vaticano continúa cos preparativos da viaxe do papa do 6 ao 17 de novembro ao Uruguai, a Arxentina e o Perú e nos próximos días tamén hai outras audiencias en axenda.

O irmán do papa, Louis Prevost, afirmou nunha entrevista a fin de semana co medio estadounidense Fox News: "Seguimos rezando para que a biopsia dea un resultado completamente negativo e todo estea ben", e agregou que o pontífice “está fenomenal”.

“Non esperamos ningunha mala noticia”, recalcou.

"Por agora, o único que sabemos é que durante a operación conseguiron extirpar todo o cancro e estamos a esperar os resultados da biopsia", agregou. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos