Publicador de contidos

Publicador de contidos

O papa Francisco podería viaxar a Compostela o 7 ou o 8 de agosto de 2022

O papa Francisco podería viaxar a Compostela o 7 ou o 8 de agosto de 2022

Así o adianta o xornal El Progreso este domingo

G24.gal 31/10/2021 13:49

O papa Francisco podería viaxar a Galicia para conmemorar o Xacobeo o próximo 7 ou 8 de agosto, coincidindo coa Peregrinación Europea da Mocidade. Así o adianta este domingo o diario El Progreso, citando fontes próximas á organización da visita.

O papa Francisco xa se comprometera no mes de xuño co presidente da Xunta e co arcebispo de Santiago, Xulián Barrio, a valorar esta viaxe. Algo no que insistiu o mes pasado nunha entrevista na Cope, onde aclarou que de realizarse, sería unha visita curta a Santiago con motivo do ano santo.
 

 


 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade