Publicador de contidos

Publicador de contidos

O papa agradécelle á prensa que destape os abusos sexuais na Igrexa

O papa agradécelle á prensa que destape os abusos sexuais na Igrexa

G24.gal 14/11/2021 09:41

O papa Francisco agradeceulle á prensa a súa "misión" informativa que dixo permitiu destapar os escándalos de abusos sexuais rexistrados no seo da Igrexa católica.

O pontífice pronunciouse así durante un acto no Vaticano no que se lle facía entrega da medalla de honra de San Pío IX a dous veteranos xornalistas que informan sobre o Vaticano: unha que traballa para Televisa e outro de Reuters.

"Grazas por todo o que contades sobre o que está mal na Igrexa, por axudarnos a non agochalo baixo a alfombra, e pola voz, que grazas a vós, tiveron as vítimas do abusos"

O papa asegura que a Igrexa non funciona como un parlamento con grupos de dereita e esquerda, nin como unha multinacional cun departamento de marketing que estuda "como vender mellor o seu produto".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade