Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Ourense C. F. suma a primeira vitoria como local ante o Langreo

O Ourense C. F. suma a primeira vitoria como local ante o Langreo

G24.gal 08/10/2022 19:23

O Ourense C. F. vive momentos felices. Logo da primeira vitoria a semana pasada no campo do filial do Oviedo, nesta brindoulle un triunfo á súa afección. Foi contra o Langreo, nun partido que conseguiu definir ben axiña. Era o minuto quince cando Alberto Gil definiu dentro da área cun axustado remate.

Malia que aínda quedaban moitos minutos, os ourensáns non sufriron en exceso. Houbo poucas ocasións, e as do Langreo esmorecían con centros á área que non atopaban rematador. A última ocasión, cunha boa parada de Marqueta, non valeu por fóra de xogo. Con esta segunda vitoria consecutiva, o Ourense C. F. aséntase na zona tranquila da táboa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade