Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Ourense C. F. racha a imbatibilidade do Guijuelo para asinar a cuarta vitoria consecutiva

O Ourense C. F. racha a imbatibilidade do Guijuelo para asinar a cuarta vitoria consecutiva

Os das Burgas venceron cun gol de Amin para manter o ritmo da cabeza

Johan viu interrompido o seu récord de 1.235 minutos sen encaixar gol

Foto: @Ourense_CF
G24.gal 23/10/2022 19:31

O Ourense Club de Fútbol rachou no Couto a imbatibilidade do Guijuelo, un equipo acabado de ascender que aínda non encaixara gol esta temporada e, xa que logo, non perdera. Pero os das Burgas non quixeron seguir o guión previsto do partido e dispuxeron de boas ocasións que topaban co porteiro Johan Guzmán, ata que Amin foi quen de rachar a súa marca. Foi no minuto 66, cando aproveitou un envío desde a esquerda e, á segunda, atinou coa rede. Protestaron os visitantes unha posible man, pero o gol subiu ao marcador, quedando fixada a marca do porteiro en 1.235 minutos, sumando os desta temporada ás do treito final da do ascenso.

Quedaban aínda moitos minutos, pero o Ourense non sufriu verdadeiro perigo. Mesmo tivo algunha boa ocasión de aumentar a renda. Non foi así, e o resultado xa non se moveu. Cuarto triunfo consecutivo dos das Burgas, que quedan cuartos, a catro puntos do líder desta segunda Federación, o Arenteiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos