O Ourense C. F. non atopa o gol e leva un punto da súa visita a Oviedo (0-0)
Ambos equipos tiveron oportunidades moi claras para anotar
O empate mantén líder o conxunto galego, á espera do que faga o Pontevedra
O Ourense non foi quen de acadar o triunfo na súa visita a Oviedo. O filial asturiano complicoulle moito as cousas ao líder.
Nun partido ao que os visitantes chegaban co obxectivo de vencer para manter o liderado, víronse sorprendidos por polo Oviedo Vestusta, que tivo personalidade e carácter para afrontar o partido. Os locais gozaron de ocasións moi claras, pero todas elas foron desbaratadas de forma brillante pola defensa ourensá.
Con este resultado o Ourense C. F. mantén a súa condición de líder, á espera do que faga mañá domingo o Pontevedra, que recibe ao Fabril. Pola súa parte, o filial do Oviedo seguirá unha semana máis en postos de descenso.