Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Ourense C. F. marcha co derbi contra o Fabril cun gol de Salinas

O Ourense C. F. marcha co derbi contra o Fabril cun gol de Salinas

G24.gal 14/10/2023 19:58

O Ourense C. F. está a asinar un inicio de temporada espectacular e, co seu cuarto triunfo da temporada, aséntase na zona de promoción de ascenso con 14 puntos.

Contra o Fabril abondoulle un gol solitario, anotado por Salinas no inicio da segunda metade. O dianteiro entrara pouco antes, no descanso, en substitución de Amín, que tivo que deixar o campo conmocionado. E culminou unha acción cunha boa internada de Andrada pola dereita.

Quedaba case toda a segunda metade, pero o Deportivo Fabril non deu reaccionado. Buscou a igualada pero non chegou a inquietar a Marcqueta. O filial coruñés queda con nove puntos na metade alta da táboa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos