Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Ourense C. F. coróase campión da Segunda RFEF

O Ourense C. F. coróase campión da Segunda RFEF

Os de Rubén Domínguez ascenden á primeira RFEF tras gañar ao Vetusta

G24.gal 28/04/2024 14:32

Domingo do máis alegre en Oira tras confirmarse o título e ascendo directo do Ourense CF. Os locais realizaron un partido sólido e sen sorpresas ante o Vetusta(2-0) para coroarse campións da categoría. 

Os de Rubén Domínguez saíron a gañar o partido ante un Vetusta que, malia estar descendido matematicamente, non lle perdeu a cara ao encontro. Para beneficio do Ourense, antes de que os visitantes puideran coller forza chegou unha cabezada de Di Renzo aos dez minutos co que saltou todo o campo. Os locais poñían de cara ao partido moi cedo, mais tocaba seguir remando. Sen grandes ocasións para os visitantes, a primeira parte estivo igualada e o propio Vetusta tivo as súas para sorprender, aínda que no remataron en nada. 

Á volta do descanso ningún dos dous equipos conformaríase co resultado. Sería outra vez o Ourense quen conseguiría anotar tras unha boa xogada combinativa onde Jerín enviou un balón cruzado ao fondo da rede. Con 2-0 no marcador as ganas do Vetusta non caerían mais o perigo seguiría estando na súa área. Un derrubamento na área no 84 provocaría penalti a favor do Ourense que podería supoñer o terceiro e finiquitar o partido. Non obstante, Manu Morgade erraría e deixaría aínda o resultado aberto a menos de dez minutos do final. Os seis minutos de engadido non agasallarían con gol a ningún dos dous equipos e co asubío do colexiado o Ourense acadaría así a súa novena vitoria consecutiva na casa e, o que é máis importante, o título de campión do grupo  1 da segunda Federación. 

Pechan da mellor maneira posible a tempada os de Rubén Domínguez acadando o obxectivo do ascenso directo. A semana que vén visitarán ao Avilés xa sen xogarse nada. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos