Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Ourense C. F. conxúrase para repetir ante o Oviedo a xesta na Copa do ano pasado

O Ourense C. F. conxúrase para repetir ante o Oviedo a xesta na Copa do ano pasado

O equipo de Dani Llacer eliminou a pasada campaña un ‘segunda’ como o Deportivo da Coruña e, posteriormente, o Valladolid, cando militaba aínda en Primeira División

G24.gal 28/10/2025 13:51 Última actualización 28/10/2025 13:58

O Ourense C. F., pechacancelas do grupo I de Primeira Federación, recibe este martes o Oviedo, na primeira eliminatoria da Copa do Rei, co obxectivo de repetir a xesta do ano pasado, cando eliminou un ‘segunda’ como o Deportivo da Coruña e, posteriormente, o Valladolid cando militaba aínda en Primeira División.

O equipo dirixido por Dani Llacer aínda non coñece a vitoria na súa competición ligueira e os únicos triunfos que celebrou este curso foron en Copa Federación, primeiro ante o Bergantiños e despois ante o Atletic Lleida. Iso non impide que no vestiario do Couto soñen con eliminar ao Oviedo, que ten toda a presión.

O reto é maiúsculo, pero Llacer non reservará nada. O seu equipo foi mellorando co paso das xornadas e un triunfo ante o cadro asturiano podería ser o punto de inflexión que necesitan os seus para endereitar o seu rumbo na liga.

O Real Oviedo, que ocupa postos de descenso en Primeira División, visita a cidade galega cun once renovado respecto ao último partido ligueiro ante o Xirona, incluíndo o debut en partido oficial do porteiro romanés Horatiu Moldovan.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade