Publicador de contidos
Publicador de contidos

O OUFF alcanza cifras previas á pandemia

O OUFF alcanza cifras previas á pandemia

Esta edición reuniu a case 9.300 persoas nas actividades

EFE 04/10/2021 21:52

A organización do Ourense Film Festival (OUFF) 2021 valorou as cifras rexistradas este ano na súa 26 edición con números de asistencia "próximos" aos de antes da pandemia, ata o punto de que esta edición mesmo superou os conseguidos na edición de 2018.

Así o trasladaron nunha comparecencia de prensa os organizadores, que destacaron o "gran número de espectadores", a pesar das restricións "aínda vixentes" pola covid-19, nas proxeccións celebradas no Teatro Principal, Cineclub Padre Feijóo e nos cinemas do centro comercial Ponte Vella, efecto -indicaron- que se notou nas votacións.

En concreto, esta edición reuniu a un total de 9.300 persoas nas actividades, das cales máis de 6.150 foron espectadores das proxeccións. "O público participou masivamente nas votacións das películas" destacando nas votacións o sobresaliente conseguido por 'Mediterráneo', Premio do Público, con "un indiscutible 4,64 sobre 5".

Na súa intervención, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, destacou que o programa se cumpriu "na súa totalidade" o que "pon en maiúsculas o traballo organizativo" realizado.

A 26 edición deixa 93 proxeccións, de 71 películas e 24 países participantes e, no apartado de comunicación, o  OUFF incrementou o tráfico nun 45% tanto en web como en redes sociais con máis de 1200 publicacións e 15.000 interaccións no últimos tres meses

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar