Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Olimpique Lyonnnais será o rival do Celta no Memorial Quinocho

O Olimpique Lyonnnais será o rival do Celta no Memorial Quinocho

O partido xogarase o sábado, 29 de xullo, ás 20:00 en Balaídos

G24.gal 05/07/2023 17:09

O rival do Celta na presentación desta temporada será o Olimpique Lyonnais. O equipo francés confirmou que estará en Balaídos o vindeiro sábado 29 de xullo (20:00 horas) no partido en que os afeccionados poderán ver por primeira vez o equipo de Rafa Benítez. 

O club quixo elixir un rival especial para o Memorial Quinocho do Centenario. O cadro francés ten un gran palmarés, con sete Ligas e cinco Copas de Francia como torneos máis importantes. Trátase dun histórico do fútbol francés e europeo que pretende discutirlle esta temporada a supremacía ao Paris Saint Germain. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade