Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Obradoiro visita Andorra á busca da primeira vitoria lonxe do Sar

O Obradoiro visita Andorra á busca da primeira vitoria lonxe do Sar

Os santiagueses aférranse ao bo momento de Pustovyi, chave da última vitoria

G24.gal 14/10/2023 13:14

No arranque da temporada, víase na cara de Moncho, nos berros... nas leas. En como o perseguía pola cancha. Volta tras volta... E palpábase no sentir do obradoirismo preocupación. Preocupación polo estado de forma de Pustovyi, xogador clave. Mais as dúas últimas xornadas tornou a situación. 16 puntos de media e máis de 20 de valoración. Pustovyi comeza a funcionar ao igual que Zurbriggen. 

Con eles mellora o Obradoiro. Esta tarde xogan en Andorra, co obxectivo de pechar o primeiro triunfo fóra da casa. Fronte a un recentemente ascendido, que vén de noquear a Palencia e discutirlle a vitoria ao Barça.

Andorra-Obradoiro, a partir das seis. Partido para confirmar a melloría e agarrar confianza no proxecto.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos