Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Obradoiro paga o despiste ao final do segundo cuarto e perde en Gran Canaria

O Obradoiro paga o despiste ao final do segundo cuarto e perde en Gran Canaria

Recibiu un parcial de 13-2 cando dominaba o encontro e xa non volveu a estar por diante

O equipo local gañou o partido por 75-68

G24.gal 29/01/2023 20:38

O Obradoiro perdeu na pista do Gran Canaria por 75-68. O encontro, igualado, tivo o seu punto de inflexión nos últimos minutos do segundo cuarto.

Dominou o Obradoiro o treito inicial e cun Zurbriggen moi atinado colleu vantaxe no primeiro cuarto (15-17). No segundo, o partido ía sobre rodas ata o minuto 15 (26-30), pero un parcial de 13-2 ata o descanso deulle unha vantaxe a Gran Canaria que xa non soltaría (39-32 no intermedio).

No terceiro cuarto, o Obradoiro mantívose no partido e mesmo chegou a poñerse por diante cunha tripla de Robertson (49-50). A igualdade foi máxima, pero o Gran Canaria colleu ao principio do último cuarto unha marxe de cinco puntos que xa non soltaría ata o final. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos