O Obradoiro mantén a mala dinámica fronte ao Tenerife (86-97)
Cuarta derrota consecutiva para o Obradoiro, a pesar dun bo primeiro cuarto
A efectividade dos canarios na tripla rachou o choque no segundo cuarto
Partido vibrante, de ida e volta no Sar en que o Obradoiro aguantou o primeiro cuarto; cun gran Rubén Guerrero e co acerto exterior de Howard (24-21 pros galegos tras os primeiros 10'). No segundo o Tenerife comezou a xerar vantaxes desde o bloqueo central e a encontrar fácil os seus tiradores. Converteuse nunha metralladora, sete triplas, para un total de 33 puntos neste cuarto para rachar o choque e marchar 11 arriba ao descanso. 43 a 54.
Á volta buscouno o Obradoiro, chegou mesmo a poñerse a cinco, pero sempre encontrou resposta do Tenerife cun Marceliño en plan mestre e coa ameaza do lanzamento exterior. O Tenerife acabou cun 50 por centro na tripla, por un pobre 17 por cento dos galegos.
86-97 resultado final e cuarta derrota consecutiva dun Obradoiro que segue na zona de perigo.