Cargando resultados...
O Obradoiro ficha a Marcus Paige
Terceira fichaxe do coxunto santiagués para a vindeira temporada
G24.gal
17/07/2022 16:29
O Obradoiro chegou a un acordo con Marcus Paige para a súa contratación para a temporada 2022-23.
Escolta de 1.83 metros e 29 anos, procede do Orleáns francés onde promediou 9.9 puntos, 3.4 asistencias e algo máis dunha recuperación en 30 minutos de xogo.
Antes estivera tres temporadas no Partizán de Belgrado tras pasar pola G League estadounidense. Fora elixido no posto 55 do draft da NBA no ano 2016.