Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Obradoiro descende á Liga LEB trece anos despois malia vencer ao Joventut

O Obradoiro descende á Liga LEB trece anos despois malia vencer ao Joventut

O Granada conseguiu gañar ao Gran Canaria e manda o Obra a segunda

G24.gal 12/05/2024 20:36

O Obradoiro necesitaba un favor do Dreamland Gran Canaria para poder manter a categoría, e a axuda nunca chegou. O Obradoiro logrou unha vitoria por unha ampla marxe, o equipo santiagués estaba concentrado, activo en defensa, e pese a un grande inicio do Joventut, mantivo a cabeza fría e a base de traballo e de botarlle máis ganas ca un Joventut sen nada en xogo, acadou a vitoria por máis de 20.

Pero a realidade deulle un golpe moi grande ao Obra. O Gran Canaria xogando ter un enfrontamento máis doado en playoff comenzou moi ben o partido en Granada e logrou un +11 ao descanso. Á volta do tempo de lecer colocaron 16 puntos de renda no marcador, e en Santiago víase todo moi bonito, pero o Granada non dixera a súa derradeira palabra. Un parcial de 26-4 tombou as aspiracións do Obradoiro e mandou un equipo que acumulaba máis de dez tempadas seguidas en primeira ao inferno da segunda división.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos