O Obradoiro incorpora ao base letón Janis Strelnieks
O xogador, con experiencia na Euroliga, acaba de desvincularse do Givova Scafati da Liga italiana
O Monbus Obradoiro firma ao base internacional letón Janis Strelnieks para a súa incorporación ao equipo dirixido por Moncho Fernández ata o final da presente tempada.
O xogador, con experiencia na Euroliga, acaba de desvincularse do Givova Scafati da Liga italiana, onde mediou 10,7 puntos, 3 asistencias e 0,8 por partido. Anteriormente defendeu a camiseta de clubs como Brose Bamberg, Olympiakos, CSKA Moscova, Zalgiris ou AEK Atenas.
Strelnieks, de 34 anos e 191 centímetros, reencontrarase no vestiario do Obradoiro co lituano Marek Blazevic, co que xa xogou no Zalgiris no curso 2021-22.
Hai un ano, xogando no AEK, tivo unha lesión de gravidade da que xa está recuperado.