Publicador de contidos

O Obradoiro amósalle a Palencia a dureza da Liga ACB

O Obradoiro amósalle a Palencia a dureza da Liga ACB

Vitoria por 84-64 e co equipo visitante maquillando o resultado no último cuarto

O equipo marcha cara Turquía onde o martes comeza a previa da Champions 

G24.gal 23/09/2023 22:06 Última actualización 23/09/2023 22:30

O Obradoiro pasoulle por riba a Palencia, equipo que xogou o primeiro partido da súa historia na ACB no Sar e que leva unha lección do nivel que hai na competición (84-64).

Apenas ían dous minutos e xa gañaba o equipo santiagués por 9-2. No primeiro cuarto houbo un recital ofensivo dos de Moncho Fernández. Liderados por Tinkle (10 puntos) meteron 28 puntos cunhas grandes porcentaxes (28-20). Palencia mantiña o tipo grazas ao seu ataque pero en canto comezou a baixar o seu acerto o Obradoiro aproveitou para ir aumentando a vantaxe ata os 16 cos que rematou o primeiro tempo (47-31). 

En ningún momento baixou o ritmo o cadro santiagués que superou a barreira dos vinte tantos (58-37) de contado. O encontro estaba sentenciado no medio dunha festa no Sar. Remataba o terceiro cuarto cun 74-49. O último cuarto sobroulle a un Obradoiro que perdeu toda a intensidade algo que aproveitou Palencia para maquillar o resultado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos