Cargando resultados...
O Obradoiro agarda que o cansanzo europeo non afecte para o partido do Bilbao
O equipo santiagués recupera un dos dous partidos que deixou de xogar por estar inmerso na competición europea
G24.gal
03/10/2023 15:07
Volve o Monbus Obradoiro á Liga ACB. Mañá mércores (20:00 no Pavillón do Sar) recupera o partido co Bilbao tras xogar tres encontros en Turquía. O cansazo é evidente, pero Moncho Fernández cre que non vai condicionar.
A semana pasada o equipo santiagués afrontou os tres partidos da previa da Basketball Champions League mentres que na liga española aproveitaban para disputar dúas xornadas. O Bilbao sumou unha vitoria e unha derrota nas primeiras xornadas.
O outro partido que debe recuperar é o de Zaragoza que xogará tamén na casa o mércores 11 de outubro, tamén ás 20:00 horas.