Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Obradoiro ficha ao pivote australiano Will Magnay ata final de temporada

O Obradoiro ficha ao pivote australiano Will Magnay ata final de temporada

O australiano, que tivo un paso efémero pola NBA, acaba de rematar a temporada cos Jack Jumpers

Foto @OBRADOIROCAB
G24.gal 21/02/2023 09:28 Última actualización 21/02/2023 16:58

Xa é oficial a chegada de Will Magnay ao Monbus Obradoiro. O pivote australiano é o elixido para substituír a Dragan Bender. A derrota do seu equipo nos play-off da liga australiana acelerará a chegada de Magnay a Santiago.

Un pivote de 2,08, 24 anos, formado na Universidade de Tulsa e cun paso efémero polos Pelicans da NBA. No Monbus Obradoiro agardan pola súa chegada desde os antípodas para reforzar o xogo interior.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade