Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Obradoiro acada unha malleira histórica en Palma (45-115)

O Obradoiro acada unha malleira histórica en Palma (45-115)

Os santiagueses superan a vitoria máis ampla da historia da segunda categoría do baloncesto, que tiña o Breogán (63 puntos)

Foto: @palmerbasket
G24.gal 21/12/2025 21:28

Cun marcador de 45-115, o Obradoiro logrou o maior triunfo nas tres décadas da primeira federación de baloncesto. Sacoulle 70 puntos de diferenza ó Mallorca e superou a marca de +63 que tiña o Breogán da súa visita ó Cáceres na temporada 16-17.

O partido comezou xa coa sensación de que ía acontecer algo grande a prol dos galegos, que levaron o primeiro cuarto cun parcial de 9-30. A partir de aí, a vantaxe continuou medrando: 20-31 no segundo, 9-29 no terceiro, e o cuarto cun 7-25 que redondeou un marcador incrible, con ata seis xogadores superando os 10 puntos.

Triunfo para seguir na estela do líder e para facer historia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade