O Obradoiro acada a undécima vitoria da temporada en Zaragoza
Os de Moncho Fernández fixeron valer a súa vantaxe e venceron por un so punto (78-79)
Robertson comandou o seu equipo con 28 puntos
O Obradoiro venceu en Zaragoza e mantén o ritmo na pelexa por meterse entre os oido mellores da Liga ACB.
O equipo santiagués impúxose nos dous primeiros parciais, para rachar definitivamente o partido no terceiro. Un parcial de 16 a 28 nese terceiro período deixaba os santiagueses cunha renda de 16 puntos que case resolvía o encontro.
Pero foi entón cando a relaxación fixo acto de presencia. Sen moito que perder, o Zaragoza botouse polo partido e estivo a piques de envialo á prórroga. Os santiagueses souberon aguantar a presión, e acabaron levando o triunfo por un so punto, 78 a 79.
Robertson foi o máximo anotador do encontro con 28 puntos, acadando outros 28 de valoración. T. Scrubb achegou tamén 15 puntos e 25 de valoración. Fixeron inútiles os 20 puntos que acadou Jessup, máximo anotador local.