Publicador de contidos

Publicador de contidos

O nuncio do Papa clausura o Sínodo Diocesano de Ourense

O nuncio do Papa clausura o Sínodo Diocesano de Ourense

É o primeiro que se celebra na diocese ourensá en cen anos

G24.gal 13/11/2021 14:47

O nuncio do Papa en España clausurou este sábado en Ourense o Sínodo Diocesano, que congregou preto dun milleiro de persoas na cidade.

Cunha procesión desde a igrexa de Santa Eufemia e unha misa solemne na catedral, concluíron cinco anos de asembleas que se organizaron co gallo deste sínodo, o primeiro que se celebra na diocese de Ourense en cen anos.

No acto de clausura participaron preto dunha vintena de bispos de Galicia, norte de Portugal e outras dioceses españolas, ademais de sacerdotes da provincia e numerosos fieis.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade