Publicador de contidos

Publicador de contidos

O número de casos activos xa está por debaixo do pico da terceira vaga

O número de casos activos xa está por debaixo do pico da terceira vaga

A ocupación hospitalaria baixa nas UCI e en planta

O Sergas notificou tres decesos por mor da covid 

G24.gal 23/02/2022 10:07

Os casos activos seguen descendendo (-1.268) e xa baixan do pico da terceira vaga, que se alzanzou o 29 de xaneiro de 2021 con 22.911 casos activos. En total, hai  22.834 persoas con coronavirus en Galicia.

Pola súa parte, os contaxios diarios baixan con respecto a onte e rexístranse 1.582 nas últimas 24 horas

repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:

Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:

A Coruña: 4.910 (-243)

Vigo: 4.555 (-373)

Ourense: 2.766 (-50)

Santiago: 3.935 (-252)

Lugo: 2.672 (-71)

Pontevedra: 2.454 (-200)

Ferrol: 1.307 (-55)

En canto á ocupación hospitalaria, esta continúa diminuíndo tanto en planta (-11) como nas UCI (-2). En total, hai 564 persoas ingresadas, 535 e 29 respectivamente. 

Con todo, o Sergas notificou tres decesos por mor da covid, que alzan a cifra a 3.082 falecementos desde o inicio da pandemia.

Mapas de incidencia por concellos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade