Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xa está á venda o novo disco de Tanxugueiras que se publicará o 29 xullo

Xa está á venda o novo disco de Tanxugueiras que se publicará o 29 xullo

A presentación oficial será a noite do 6 de agosto en Bueu durante a celebración do SonRías  Baixas

G24.gal 17/06/2022 19:23

 Tanxugueiras publicará o seu terceiro disco o próximo 29 de xullo.

A presentación oficial será a noite do 6 de agosto durante a celebración do SonRías Baixas no municipio pontevedrés de Bueu.

O novo álbum pode xa reservarse, anuncia o grupo nun comunicado.

 "Non temos a portada, non temos o nome do disco e, como sigamos así, non teremos vergoña. Pero se cres que somos un investimento máis seguro que as criptomoedas, xa podes apoiarnos coa prevenda do disco para combater o 'tanxumono'".

Un dos temas deste disco presentarase xa na noite de San Xoán “para deixar atrás malos recordos e cargas innecesarias, á vez que damos a benvida ao novo, ao lume purificador”.

Así, o vindeiro venres 24, a partir das 00.00 horas, Tanxugueiras publicará en todas as plataformas dixitais o sinxelo 'Seghadoras', tema que se acompañará dun videoclip.

Ao longo deste 2022, o grupo deu a coñecer algunhas das outras creacións que estarán presentes neste terceiro álbum. É o caso de dous recentes lanzamentos, como 'Desidia' ou ' Pano  corado', ademais das xa coñecidas 'Averno' (que conta coa colaboración de  Rayden), ou 'Midas', ' Figa' e 'Terra', temas que acumulan millóns de reproducións e visualizacións nas plataformas web.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar