Publicador de contidos

Publicador de contidos

O novo de Belem Tajes, Carlos Ordóñez e Cibrán Tenreiro

O novo de Belem Tajes, Carlos Ordóñez e Cibrán Tenreiro

A nova vida das gravacións que Dorothé Schubart fixo a avoa de Belem Tajes

Carlos Ordóñez publica o que será o seu primeiro disco longo en 20 anos

Cibrán Tenreiro homenaxea os coches dos amigos en O mundo do motor

G24.gal 18/01/2024 16:40 Última actualización 18/01/2024 16:56

Belem Tajes transforma unha antiga gravación de Dorothé Schubart que recolle unha copla da súa avoa Genara nun tema de electrofolc. Arou 79 é unha homenaxe as mulleres que mantiveron viva a tradición oral en Galicia.

Carlos Ordóñez  adianta o primeiro tema do que será o seu primeiro disco longo en dúas décadas. Ven acompañado dun videoclip de Juan Lesta elaborado de forma totalmente artesanal e sen ferramentas tecnolóxicas.

Cibrán Tenreiro publicará cos selos Prenom, Interruptor e Caracol Negro o seu primeiro disco en solitario. Chamarase "Saudade sempre" e conterá "O mundo do motor", un tema nostálxico pero non un lamento, sobre os camiños percorridos xunto ás amizades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade