Publicador de contidos

Publicador de contidos

O novo Centro de Supercomputación de Galicia estará en marcha no verán

O novo Centro de Supercomputación de Galicia estará en marcha no verán

As instalacións acollerán o supercomputador Finisterrae IV, un centro de almacenamento de datos, un novo computador cuántico e a unha fábrica de intelixencia artificial

(EFE/Lavandeira jr)
G24.gal 19/11/2025 14:24

O novo edificio do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) estará en funcionamento o próximo verán no Polígono Empresarial da Sionlla, en Santiago. Confirmouno o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, no acto simbólico da colocación da primeira pedra que se celebrou este mércores, e ao que asistiron o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e o director do CESGA, Lois Orosa.

Estas instalacións acollerán o supercomputador Finisterrae IV (que multiplica por sete a capacidade de cálculo do actual), un novo sistema de almacenamento de datos (ofrecerá máis dobre do actual), un novo computador cuántico e a unha das 19 fábricas de intelixencia artificial que haberá en Europa. Entre edificio e equipamento, no centro investiranse 56 millóns de euros da Xunta e do Goberno central, cofinanciados con fondos europeos.

Na presentación do proxecto, tanto o director do CESGA como o presidente da Xunta destacaron que estas instalacións dan resposta á demanda de máis capacidade de cálculo e datos, dunhas instalacións que quedaron pequenas e que nace tamén da aposta de Galicia por estar á vangarda da tecnoloxía do futuro.

Actualmente o CESGA ten 1.674 usuarios entre empresas e científicos, como os de MeteoGalicia, e a factoría de intelixencia artificial estará especializada na saúde global.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade