Publicador de contidos

Publicador de contidos

O novo Celta tentará amosar a súa mellor faciana no Quinocho

O novo Celta tentará amosar a súa mellor faciana no Quinocho

O equipo de Coudet enfrontarase ao Al Shabab no primeiro partido da temporada en Balaídos

O club agarda pechar nas vindeiras horas a fichaxe de Paciencia

G24.gal 05/08/2022 20:07

Á espera da incorporación da última fichaxe polo momento para os de Coudet, o dianteiro portugués Paciencia este venres o Celta realizou o último adestramento antes da presentación perante a súa afección, antes da posta de longo tradicional do equipo que é sempre o Memorial Quinocho en Balaídos.

O rival este sábado será o Al Shabad de Arabia Saudita. Non é un equipo con moito nome, pero sí ten vellos coñecidos da Liga. Xogan alí Ever Banega, Krichowiak e N'Diaye. E o adestrador é Vicente Moreno, ex do Mallorca e do Español.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade