Publicador de contidos

Publicador de contidos

O naval impulsa proxectos de modernización para garantir a competitividade do sector

O naval impulsa proxectos de modernización para garantir a competitividade do sector

Piden canalizar os fondos europeos a través do Centro de Excelencia do Naval de Ferrol

G24.gal 08/06/2022 15:04

O sector naval galego reclama que os fondos europeos para a modernización desta industria cheguen tamén aos pequenos estaleiros.

Impulsar a dixitalización e a sostibilidade do sector naval son claves para asegurar emprego de calidade e garantir a competitividade no mercado internacional. Por iso, empresas do sector, públicas e privadas, e representantes das administracións reuníronse nunhas xornadas en Ferrol para reclamar que o centro de excelencia do naval sirva para canalizar os fondos europeos que van destinados a modernizar o sector, un sector que dá traballo a unhas 26.000 persoas en Galicia e que agrupa unhas 250 empresas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade