Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Museo de Pontevedra restitúe a Polonia dous cadros espoliados polos nazis

O Museo de Pontevedra restitúe a Polonia dous cadros espoliados polos nazis

O museo decidiu devolvelos ao coñecer a súa orixe

Polonia, que atopou obras noutros países e espera resposta, agradécelle a disposición

G24.gal 18/03/2023 14:02 Última actualización 18/03/2023 14:36

Os dous cadros xa locen no castelo polaco de onde desapareceron durante a segunda guerra mundial. Polonia atopounos no Museo de Pontevedra, cando buscaba a través de Internet patrimonio espoliado polos nazis.

O ministro de Cultura de Polonia agradeceu a disposición do museo a restituír as obras.

O Museo e a Deputación de Pontevedra decidiron devolvelas nada máis saber a súa orixe. Subliñan que foi unha cuestión de coherencia.

"Supón para nós renunciar a dúas obras verdadeiramente extraordinarias dentro da nosa colección, pero é un día para estar contentos porque cremos que se fai xustiza", explica o director do Museo de Pontevedra.

"Non se pode estar nun proceso de recuperación de memoria histórica e poñerlles trabas a países que tamén queren facer esa restitución", engade o vicepresidente da Deputación de Pontevedra.

Polonia perdeu máis de medio millón de pezas de arte en saqueos durante a guerra e non lle está resultando sempre tan doado recuperalas.

"Cando lles din que si danlles largas e póñenlles todas as trabas", puntualiza o vicepresidente da Deputación de Pontevedra.

Polonia espera actualmente resposta de quince países para que lles restitúan arredor de 155 obras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos