Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Multiusos do Sar foi o fogar do Breogán

O Multiusos do Sar foi o fogar do Breogán

O equipo lucense remonta o derbi da ACB na pista do Obradoiro e acaba gañando por 67-74

G24.gal 26/03/2023 08:50

O derbi da ACB acabou nas mans do Breogán despois dunha gran remonta no segundo tempo. Era un triunfo simbólico por todo o que significaba o partido en termos de rivalidade e de conseguir a vitoria número 12 que garante tradicionalmente a permanencia. 

Comezou mellor no partido o equipo local. Cun Edgar Vicedo en estado de graza (5/6 en triplas no primeiro tempo) ben secundado por Robertson e Phil Scrubb os de Moncho Fernández mandaron nos dous primeiros cuartos (17-14 e 41-33 ao descanso). 

A dinámica mudou de xeito radical no terceiro cuarto. Apareceu a defensa do Breogán que atopou o acerto no lanzamento exterior que non tivera no primeiro tempo. Momirov e Nenadic asociáronse para darlle a volta ao marcador e permitiren as primeiras vantaxes visitantes (51-55). 

O Obradoiro reaccionou e volveu coller a dianteira cunha tripla de Robertson (62-61) respondida deseguido por Nakic. O Breogán xa non soltaría o control do partido ata o remate. Manexou con solvencia os últimos minutos e levou a vitoria do Multiusos do Sar. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade